• A xoven atleta monfortina Saleta Fernández está a continuar este ano coa súa exitosa traxectoria deportiva nas filas do FC Barcelona. Fernández estreou o 2016 cun novo fito, ao acadar o pasado 6 de febreiro o record galego absoluto na modalidade de salto de altura, firmando unha marca de 1,78 metros.
ENTRE AS SEIS MELLORES ATLETAS DE ESPAÑA
Según informaron dende a Federación Galega de Atletismo, este logro sitúa a Saleta Fernández dentro das mellores atletas sub-20 de Europa na clasificación provisional. Asimesmo, o novo record galego da monfortina reforza o seu liderato no ranking nacional, dentro do exclusivo clube das seis mellores atletas absolutas de España.
SALETA FERNÁNDEZ, ATLETA DESTACADA DO FC BARCELONA NA XXVI COPA DE CLUBES JUNIOR
Ademais do logro conseguido no campionato galego de principios de febreiro, Saleta Fernández viña de facer un moi destacado papel co seu clube, o FC Barcelona, na XXVI Copa de Clubes Junior-Trofeo Antonio Ferrer, disputada na última fin de semana de xaneiro en Sabadell.
Según informaron dende o club barcelonés, a división masculina junior do FC Barcelona logrou o terceiro posto, mentres que o equipo feminino junior completou esta proba na segunda posición.
Dende o FC Barcelona destacaron os bos resultados que Saleta Fernández conseguiu en Sabadell, xa que a monfortina logrou o record dos campionatos na proba de salto de altura, ao lograr unha marca de 1,76 metros.•