Asamblea Xeral de socios no Círculo Saviñao o 28 de febreiro

• O vindeiro 28 de febreiro terá lugar a Asamblea Xeral de Socios do Círculo Cultural Recreativo Saviñao. A primeira convocatoria está prevista para as 18,00 horas. A convocatoria inclúe na orde do día a lectura e aprobación da acta da sesión anterior; o exame e aprobación da memoria anual e liquidación de contas; a aprobación do presuposto anual para 2016; as propostas da Xunta Directiva; e a quenda de rogos e preguntas. Unha vez rematada, procederase á celebración da Asamblea Xeral Extraordinaria, que terá como punto único da orde do día a elección regulamentaria da Xunta Directiva. O prazo para presentar candidaturas remata cinco días antes da data de celebración da Asamblea, según establece o artigo 22 dos Estatutos da entidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Charlas na comarca de Sarria para explicar as axudas de rehabilitación de vivendas no Camiño

Seguinte Nova

Monforte reciclou máis vidro e menos roupa usada en 2015

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: