Charlas na comarca de Sarria para explicar as axudas de rehabilitación de vivendas no Camiño

En Galicia, as axudas da ARI dos Camiños de Santiago favorecerán a preto de 500 parroquias. Arquivo EC.
En Galicia, as axudas da ARI dos Camiños de Santiago favorecerán a preto de 500 parroquias. Arquivo EC.

• Durante a primeira semana de febreiro, a comarca de Sarria acolleu diversas charlas informativas sobre a liña de subvencións para rehabilitar vivendas nos tramos polos que transita o Camiño de Santiago.

CARACTERÍSTICAS DAS SUBVENCIÓNS

A área de rehabilitación dos Camiños de Santiago conta en 2016 cun orzamento total de 3,2 millóns de euros para actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas. Esta área comprende as sete rutas do Camiño de Santiago en Galicia, incluíndo 107 concellos e preto de 500 parroquias.

As axudas da ARI dos Camiños de Santiago consisten nunha axuda do 35 por cento do orzamento protexible, axuda que pode acadar un máximo de 11.000 euros por vivenda. Poden beneficiarse das mesmas todas as vivendas que cumpran os requisitos e estean emprazadas nas parroquias polas que pasan as sete rutas do Camiño de Santiago. Nas zonas urbanas e de acceso ás vilas e cidades o ámbito queda limitado ás vivendas emprazadas no trazado do Camiño.

PARROQUIAS DE SARRIA E ESPAZOS INCLUÍDOS NAS AXUDAS

Dentro do municipio de Sarria, na parroquia de Sarria poderán rehabilitarse con estas axudas as vivendas emprazadas no trazado do Camiño. Pola súa banda, as axudas beneficiarán a todas as vivendas situadas nas seguintes parroquias: Vilar de Sarria (San Salvador), Barbadelo (Santiago), Farbán (Santiago), Ferreiros (San Sadurniño), Fontao (San Martiño), Louseiro (San Martiño), Calvor (Santo Estevo), Biville (San Miguel), Meixente (San Xulián), Maside (San Pedro), Requeixo (San Martiño), Fafián (San Xoán), Ortoá (Santa María), Belante (Santa María), Lier (Santa María), A Pinza (San Salvador), Santo André de Paradela (Santo André), Castelo Dos Infantes (Santiago) e O Camiño (San Mamede).

NAS PARROQUIAS DE SAMOS, AS AXUDAS AFECTAN Á TOTALIDADE DAS VIVENDAS

En canto ao municipio de Samos, as achegas desta liña de rehabilitación afectan a todas as vivendas das parroquias de Samos (San Xertrude), Renche (Santiago), San Cristovo do Real (San Cristovo), San Mamede de Couto (San Mamede), Reiriz (Santo Estevo), Estraxiz (Santiago), Loureiro (Santa María), Castroncán (Santa Marta), Pascais (Santalla), San Martiño do Real (San Martiño), Lousada (San Martiño), Formigueiros (Santiago), Montán (Santa María), Frollais (San Miguel), Teibilide (San Xulián), Zoó (Santiago), Romelle (San Martiño), e San Xil De Carballo.

AS AXUDAS EN TRIACASTELA

Esta mesma situación prodúcese en Triacastela, nas parroquias de Triacastela (Santiago), Vilavella (Santa María), Lamas de Biduedo (Santo Isidro), O Monte (Santa María), Santalla de Alfoz (Santalla), e A Balsa (San Breixo).•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis dun millón e medio de euros para o sur de Lugo no Plan de mellora de camiños rurais

Seguinte Nova

Asamblea Xeral de socios no Círculo Saviñao o 28 de febreiro

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: