Máis de 1.300 persoas inscribíronse na Bolsa de Emprego da Deputación

•Ademais, o Servizo de Guía Laboral conta con preto dun cento de inscritos

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo a comezos de febreiro. GPDL.
Reunión da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo a comezos de febreiro. GPDL.

• As dúas iniciativas que a Deputación de Lugo puxo en marcha o mes pasado para fomentar o emprego na provincia están a recibir as primeiras solicitudes.

GUÍA LABORAL: ASESORAMENTO GRATUÍTO PARA AFRONTAR CON ÉXITO UN PROCESO DE SELECCIÓN

Según informou o voceiro provincial socialista, Álvaro Santos, logo da Xunta de Goberno do pasado 5 de febreiro, o Servizo de Guía Laboral contaba xa con preto dun cento de persoas inscritas para recibir asesoramento sobre como afrontar con éxito un proceso de selección de traballo. Santos precisou que das 87 persoas que a finais da primeira semana de febreiro tiñan solicitado este asesoramento na Guía Laboral da Deputación, un total de 45 tiñan pedido recibir este asesoramento de xeito presencial nas oficinas do Pazo de San Marcos, na capital lucense. As primeiras sesións do Servizo de Guía Laboral xa comezaron, e nela participan técnicos especializados do organismo provincial, que atenden a cada solicitante por separado durante 60 ou 90 minutos. Ademais da modalidade presencial, o Servizo de Guía Laboral proporciona este mesmo asesoramento de xeito telemático, modalidade que beneficiará a 42 solicitantes.

A BOLSA DE EMPREGO ARRINCOU CON 54 OFERTAS DE TRABALLO

Ademais deste servizo, a Deputación de Lugo puxo en marcha a Bolsa de Emprego, a primeira iniciativa deste tipo no organismo provincial. Según precisou Álvaro Santos, a estrea desta Bolsa de Emprego incluiu 54 postos de traballo. Os máis recentes foron como esteticista, axente de viaxes, peón gandeiro, arquitecto en prácticas, técnico en información, peón agrícola, traballador social, peón forestal, peón agrícola, tractorista, axudante de perrucaría e peón gandeiro. Estes traballos desenvolveranse nos municipios de Lugo, Sarria, Guntín, Ribadeo, Navia de Suarna, As Nogais, A Pontenova, Mondoñedo e O Saviñao.

Según precisou o voceiro provincial socialista, a Bolsa de Emprego está a colleitar «un grande éxito» na provincia, xa que na súa primeira semana este servizo rexistrou máis de 830 inscricións. O requisito para optar aos postos de traballo da Bolsa de Emprego é estar en paro e cumplimentar o formulario correspondente na páxina web www.deputacionlugo.gal.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

UGT-Lemos acadou os mellores resultados do sindicato en Galicia nos últimos 4 anos

Seguinte Nova

Nove medallas para o Club Natación Monforte no Campionato Galego

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: