
• A comezos de febreiro, a Xunta deu a coñecer as partidas deste ano do Plan Marco de mellora dos camiños rurais, que destina preto de 5,4 millóns de euros á provincia de Lugo. Nunha xuntanza con alcaldes e responsables municipais dos concellos lucenses, celebrada o día 2 deste mes, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, explicaron o detalle dos investimentos e as actuacións ás que van dirixidas.
CHANTADA, O CONCELLO CON MÁIS FONDOS NO SUR DE LUGO
O montante global que a Xunta destina ao sur de Lugo no Plan Marco ascende a máis de 1,5 millóns de euros. As comarcas de Sarria e Lemos son as que reciben máis fondos, con máis de medio millón de euros cada unha. Sen embardo, por concellos, a achega máis elevada corresponde ao municipio de Chantada, con 110.413 euros.
PARA TRABALLOS EN CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIÓNS AGRARIAS
Según explicaron os responsables da Xunta, estas achegas van dirixidas a ampliar, mellorar ou manter os camiños de titularidade municipal de acceso a explotacións agrarias. As bases esixen que o camiño dé acceso, cando menos, a unha parcela integrada nunha explotación destas características. Serán os concellos os encargados de xestionar as partidas e levar a cabo os traballos correspondentes.
FONDOS EUROPEOS PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA NO RURAL
A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou que o Plan Marco ten como finalidade mellorar as condicións de vida dos residentes nas zonas rurais.
A titular autonómica explicou tamén que as partidas destinadas a cada un dos concellos distribuíronse en base a criterios consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Asimesmo, Vázquez precisou que o Plan Marco está cofinanciado nun 75% por fondos Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020. En total, o Plan Marco conta con 20 millóns de euros para toda Galicia, o que supón un incremento do 25% respecto ao exercicio anterior.•
•PARTIDAS DO PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS, POR COMARCAS E CONCELLOS DO SUR LUCENSE:
•COMARCA DE QUIROGA (166.110 €): Ribas de Sil: 39.654 €; Folgoso do Courel: 53.683 €; Quiroga: 72.773 €.
•COMARCA DE CHANTADA (299.026 €): Taboada: 93.566 €. Carballedo: 95.047 €; Chantada: 110.413 €.
•COMARCA DE LEMOS (527.230 €): Bóveda: 53.958 €; A Pobra do Brollón: 70.870€; Pantón: 96.898 €; Sober: 97.824 €; Monforte de Lemos: 100.230 €; O Saviñao: 107.450 €.
•COMARCA DE SARRIA (528.849 €): Triacastela: 45.773 €; O Páramo: 60.372 €; Samos: 68.832 €; O Incio: 76.442 €; Paradela: 81.968 €; Láncara: 87.271 €; Sarria: 108.191 €.
TOTAL: 1.521.215 ۥ