Máis dun millón e medio de euros para o sur de Lugo no Plan de mellora de camiños rurais

A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, explica os datos do Plan Marco de mellora de camiños rurais para a provincia, en presenza da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e do director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo. GPXG
A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, explica os datos do Plan Marco de mellora de camiños rurais para a provincia, en presenza da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e do director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo. GPXG

• A comezos de febreiro, a Xunta deu a coñecer as partidas deste ano do Plan Marco de mellora dos camiños rurais, que destina preto de 5,4 millóns de euros á provincia de Lugo. Nunha xuntanza con alcaldes e responsables municipais dos concellos lucenses, celebrada o día 2 deste mes, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, explicaron o detalle dos investimentos e as actuacións ás que van dirixidas.

CHANTADA, O CONCELLO CON MÁIS FONDOS NO SUR DE LUGO

O montante global que a Xunta destina ao sur de Lugo no Plan Marco ascende a máis de 1,5 millóns de euros. As comarcas de Sarria e Lemos son as que reciben máis fondos, con máis de medio millón de euros cada unha. Sen embardo, por concellos, a achega máis elevada corresponde ao municipio de Chantada, con 110.413 euros.

PARA TRABALLOS EN CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

Según explicaron os responsables da Xunta, estas achegas van dirixidas a ampliar, mellorar ou manter os camiños de titularidade municipal de acceso a explotacións agrarias. As bases esixen que o camiño dé acceso, cando menos, a unha parcela integrada nunha explotación destas características. Serán os concellos os encargados de xestionar as partidas e levar a cabo os traballos correspondentes.

FONDOS EUROPEOS PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA NO RURAL

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou que o Plan Marco ten como finalidade mellorar as condicións de vida dos residentes nas zonas rurais.

A titular autonómica explicou tamén que as partidas destinadas a cada un dos concellos distribuíronse en base a criterios consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Asimesmo, Vázquez precisou que o Plan Marco está cofinanciado nun 75% por fondos Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020. En total, o Plan Marco conta con 20 millóns de euros para toda Galicia, o que supón un incremento do 25% respecto ao exercicio anterior.•

•PARTIDAS DO PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS, POR COMARCAS E CONCELLOS DO SUR LUCENSE:

COMARCA DE QUIROGA (166.110 €): Ribas de Sil: 39.654 €; Folgoso do Courel: 53.683 €; Quiroga: 72.773 €.

COMARCA DE CHANTADA (299.026 €): Taboada: 93.566 €. Carballedo: 95.047 €; Chantada: 110.413 €.

COMARCA DE LEMOS (527.230 €): Bóveda: 53.958 €; A Pobra do Brollón: 70.870€; Pantón: 96.898 €; Sober: 97.824 €; Monforte de Lemos: 100.230 €; O Saviñao: 107.450 €.

COMARCA DE SARRIA (528.849 €): Triacastela: 45.773 €; O Páramo: 60.372 €; Samos: 68.832 €; O Incio: 76.442 €; Paradela: 81.968 €; Láncara: 87.271 €; Sarria: 108.191 €.

TOTAL: 1.521.215 ۥ

 

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte, na comisión executiva do Eixo Atlántico

Seguinte Nova

Charlas na comarca de Sarria para explicar as axudas de rehabilitación de vivendas no Camiño

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: