
•O CN Monforte iniciou o ano 2016 cun importante éxito a nivel autonómico, logo da celebración do Campionato Galego de Inverno en Cervo o pasado 29 de xaneiro. A consecución de nove medallas nas categorías infantil e junior consolida a traxectoria deste clube monfortino, así como o bo traballo dos seus deportistas.
En categoría junior 200 metros espalda, Patricia González proclamouse campiona galega e Pablo Valcárce foi subcampión. Valcárce doblou medalla ao gañar a prata en 400 metros estilos. Tamén en junior, Isabel Rodríguez acadou o bronce en 200 metros libres, metal logrado asimesmo por Sandra Suñer en 100 metros mariposa. En relevos junior, as nadadoras do CN Monforte Sandra Suñer, Patricia González, Isabel Rodríguez e Brenda Martínez foron subcampionas galegas.
Completou o medalleiro do CN Monforte Jesús Armesto, ao proclamarse subcampión en 100 e 200 metros mariposa da categoría infantil.•