O Consorcio de Bombeiros aproba un orzamento de 4,8 millóns de euros

A aprobación do orzamento do Consorcio de Bombeiros para 2016 tivo lugar na xuntanza celebrada en Lugo o pasado 29 de xaneiro. GPDL.
A aprobación do orzamento do Consorcio de Bombeiros para 2016 tivo lugar na xuntanza celebrada en Lugo o pasado 29 de xaneiro. GPDL.

• A finais do mes pasado, tivo lugar no Pazo de San Marcos de Lugo a reunión do Pleno do Consorcio de Bombeiros para aprobar o orzamento de 2016. Na reunión, presidida polo mandatario da Deputación lucense, Darío Campos, acordouse dar o visto bo a un importe de 4.895.051,60 euros para esta anualidade. Esta cantidade será aportada a partes iguais pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.

MENOS CARTOS QUE O ANO PASADO, AO ACADAR XA A IGUALDADE DE CONDICIÓNS NO EQUIPAMENTO DOS PARQUES

Según explicaron os responsables do Consorcio de Bombeiros, o orzamento descendeu un 7,9% respecto ao ano pasado. Esta baixada correspóndese cos 420.000 euros destinados no 2015 á adquisición de diverso material de rescate para os diferentes parques de bombeiros, así como para a compra dunha bomba nodriza para o parque de Monforte de Lemos. Con estas dúas adquisicións, o Consorcio conseguiu que todos os parques de bombeiros da provincia quedaran en condicións de igualdade.

MEMBROS DO PLENO DO CONSORCIO DE BOMBEIROS DA PROVINCIA DE LUGO

Na sesión do Consorcio de Bombeiros, participaron, en representación da Deputación de Lugo, o presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde, o deputado da Área de Cultura, Xosé Ferreiro Fernández, e o deputado de Promoción do Territorio e Turismo, Eduardo Vidal Baamonde. Por parte da Xunta, estiveron no Pleno a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias Rodríguez, o director xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Luis Menor Pérez, e o xefe do servizo de Seguridade da Subdirección Xeral de Seguridade e Coordinación, José González Cores. A representación municipal contou coa presenza dos alcaldes correspondentes. Así, tomaron parte no Pleno do Consorcio o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, o alcalde do Concello de Vilalba, Gerardo Criado Guizán, o concelleiro da Área de Seguridade de Viveiro, Carlos Alberto Gueimunde Cabaleiro, e a alcaldesa do Concello de Sarria, Pilar López Yáñez. A asistencia completouse co secretario-interventor do Consorcio de Bombeiros, José Antonio Mourelle Cillero.•

MÁIS INTEGRACIÓN CON OUTRAS EMERXENCIAS

•A novidade deste Pleno foi a aprobación para incluír ao Consorcio de Bombeiros de Lugo na RESGAL, unha rede oficial de comunicación dos traballadores de emerxencias •En RESGAL están están integrados, entre outros, os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), Protección Civil ou Brigadistas da Xunta de Galicia

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os socialistas reclaman no Parlamento que a Xunta “cumpla os seus compromisos” coa muralla de Monforte

Seguinte Nova

UGT-Lemos acadou os mellores resultados do sindicato en Galicia nos últimos 4 anos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: