• O secretario xeral de UGT-Lemos Valdeorras, Mario Docasar, fixo público estes días o balance das eleccións sindicais en Galicia durante os últimos catro anos.
COMPARATIVA AUTONÓMICA E NACIONAL
Según o dirixente sindical, a formación UGT-Lemos Valdeorras obtivo o 50,74% da representación, fronte á media do 28,69% do conxunto da Unión General de Trabajadores (UGT) de Galicia. Estas porcentaxes sitúan á formación do sur de Lugo como a máis destacada da nosa Comunidade, e según apuntou Docasar, como a de mellores cifras de representación no conxunto de España.
REFORMA LABORAL «DEMOLEDORA»
Asimesmo, Mario Docasar aproveitou o anuncio destes datos para criticar ao Goberno central polos efectos «devastadores» dunha reforma laboral que considera «demoledora». O dirixinte sindical alertou de que «estes 4 anos de reforma laboral fixeron posible unha diminución dos contratos indefinidos», e no sur de Lugo o aumento da contratación temporal foi «permanente», ata chegar ao 96% nos datos do último mes. Tamén criticou o descenso da contratación en xaneiro, e o feito «preocupante» de que case o 80% dos contratos sexa en servizos.•