A conselleira de Medio Rural interesouse pola industria apícola en Bóveda

•Vázquez visitou as instalacións da empresa Pazo de Lusío no polígono industrial de Bóveda, adicada á produción e envasado de mel e pole

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, conversa co xerente da empresa Pazo de Lusío, David Corral, en presenza de diversas autoridades. GPCMM
A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, conversa co xerente da empresa Pazo de Lusío, David Corral, en presenza de diversas autoridades. GPCMM

• O 5 de febreiro, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou as instalacións da empresa apícola Pazo de Lusío, situada no polígono industrial de Bóveda. Durante a visita a esta firma adicada á extración e comercialización de mel, pole e propóleos, Vázquez referiuse ás liñas de axudas que o seu departamento destinou a este sector.

APOSTA POLA MELLORA DA CALIDADE

Por unha banda, a conselleira lembrou o incremento dun 11% das axudas para mellorar a produción e comercialización de produtos apícolas o ano pasado, cun orzamento de 445.896 euros, que se destinaron, entre outros, á loita contra a vespa velutina ou á asistencia técnica a apicultores. Por outro lado, Vázquez apuntou ás axudas que Medio Rural aporta ao Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia, selo que ampara a produción da empresa situada en Bóveda. A conselleira suliñou que o seu departamento destinou en 2015 un total de 2,6 millóns de euros ao apoio ás actividades de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidades diferenciada, e 300.000 euros en axudas para programas de calidade dos consellos reguladores.

Pazo de Lusío, afincada en Bóveda, forma parte da expansión da empresa Meles Anta, e adícase dende 2005 a produtos de colmea dentro da agricultura ecolóxica, con colmeares amparados pola IXP Mel de Galicia situados en Ancares, Courel, Samos e A Pobra do Brollón.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga impulsa unha nova imaxe para a Feira do Viño

Seguinte Nova

Olladas sobre a Feira Outrora de Bóveda, nunha exposición dos carteis concursantes

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss