A Ribeira Sacra, presente na feira de gastronomía Xantar 2016 en Ourense

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou o standa da Ribeira Sacra na feira Xantar celebrada en Ourense do 3 ao 7 de febreiro. (Foto cedida).
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou o standa da Ribeira Sacra na feira Xantar celebrada en Ourense do 3 ao 7 de febreiro. (Foto cedida).

• Do 3 ao 7 de febreiro, o recinto de Expourense acolleu a 17ª edición de Xantar 2016, Salón Internacional de Turismo Gastronómico de España, na que se reuniron 166 expositores nunha superficie de máis de 12.000 metros cadrados.

MÉXICO, PAÍS CONVIDADO ESTE ANO

Este ano, Xantar tivo como novidades a presenza do Estado de Morelos representando a México, país convidado, así como a focalización no Entroido como tema central. Por outra banda, Xantar 2016 repetiu por segundo ano consecutivo a experiencia do «túnel do viño», unha iniciativa que busca a proxección internacional dos nosos caldos, e na que visitantes e profesionais puideron degustar viños das cinco Denominacións de Orixe de Galicia.

ENOTURISMO DA RIBEIRA SACRA

Pola súa banda, a Ribeira Sacra contou cun stand específico, no que amosou os atractivos turísticos desta zona, ademais de ofrecer material promocional da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, achegouse o día da inauguración da feira ata o stand para brindar con viño da Ribeira Sacra co presidente do Consorcio de Turismo, Luis Fernández Guitián, e representantes da organización.

SOBER, CON STAND PROPIO EN XANTAR 2016

Asimesmo, e como xa é tradición, o Concello de Sober tivo unha presenza destacada na feira Xantar 2016, cun stand propio no que amosou a singularidade turística e enolóxica deste municipio, berce dos viños de Amandi.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Completadas as melloras do albergue público de Ferreiros

Seguinte Nova

A Xunta garante o acceso ás covas do Courel

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: