A Xunta defende a homologación de contratos-tipo no sector vitivinícola

arquivo vendima monforte

A comezos deste mes, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, afirmou na Comisión sétima do Parlamento galego que os contratos homologados son beneficiosos para todas as partes, posto que «ofrecen garantías a todos os operadores do sector, permitíndolles afrontar decisións de futuro con maior seguridade». Docampo lembrou que a Xunta non pode impoñer estes contratos-tipo ás Denominacións, aínda que se teñen empregos todas as ferramentas legais para incentivalos.

PREZOS DE UVA MÁIS ALTOS EN GALICIA QUE NO RESTO DE ESPAÑA

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias lembrou que en Galicia os prezos pagados por uva de vinificación son «sensiblemente máis altos» que en calquera outra Comunidade autónoma. O prezo medio é de 0,92 €/kg, sendo este máis elevado incluso ca en comunidades con gran peso vitivinícola, como é o caso da Rioxa. Aínda así, Docampo insistiu en que é preciso remunerar o traballo dos agricultores, xa que os custos de produción en Galicia son máis elevados debido á estrutura da propiedade e, sobre todo, a que as condicións climáticas esixen maior número de tratamentos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP de Sarria pide ao Goberno local que retire e anule o plan de protección do casco histórico

Seguinte Nova

As axudas da PAC para 2016-2017 chegarán a a máis de 33.000 beneficiarios

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: