A Xunta garante o acceso ás covas do Courel

•Lembran que existe un acordo coa Federación de Espeleoloxía para regular a entrada previa solicitude

Reunión en Lugo entre a delegada da Xunta, Raquel Arias, a alcaldesa de Folgoso, Lola Castro, e a xefa do servizo de Conservación da Natureza, a finais do mes pasado. GPXG.
Reunión en Lugo entre a delegada da Xunta, Raquel Arias, a alcaldesa de Folgoso, Lola Castro, e a xefa do servizo de Conservación da Natureza, a finais do mes pasado. GPXG.

• O pasado 28 de xaneiro, a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantivo un encontro coa alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, na que lle transmitiu a postura da Xunta en relación á tramitación das solicitudes para visitar as covas do Courel. Según Arias, a Xunta «non pon ningunha pega» para realizar estas visitas, «todo o contrario, xa que existe un acordo coa Federación de Espeoloxía mediante o que se regula a entrada dos colectivos e persoas federadas previa solicitude».

RESPECTO Á NORMATIVA

«Tan pronto como os peticionarios remiten a documentación necesaria, e sempre que se respecte a normativa, a Xunta autoriza sen problema a súa solicitude conforme ao Plan Director da Rede Natura 2000», insistiu Arias durante a xuntanza, á que tamén asistiu Eugenia Gasalla, xefa do servizo de Conservación da Naturaleza.

Arias explicou que para acceder ás covas do Courel hai que cumplimentar un formulario e remitilo á Consellería de Medio Ambiente cos datos persoais, relación de persoas participantes na actividade solicitada e outros datos necesarios para aprobar a resolución. A continuación, e se as solicitudes cumplen os requisitos do Plan Director, a Consellería remite ao peticionario unha copia da solicitude e se lle dá unha autorización inmediata para visitar as grutas. No caso de que as visitas teñen por obxectivo a realización de estudos, deberase presentar a maiores unha memoria do proxecto.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra, presente na feira de gastronomía Xantar 2016 en Ourense

Seguinte Nova

Monforte acolle este mes a XI Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: