Aprendendo a debatir na Casa da Xuventude de Chantada

• A Casa da Xuventude de Chantada continúa coa súa programación habitual, ademais de incorporar novas iniciativas. A comezos deste mes, acolleu unha sesión preparatoria do Parlamento Xove, unha iniciativa para fomentar a capacidade oratoria e argumentativa da mocidade, ao tempo que se lles inculca a cultura do diálogo. Nesta competición van participar no vindeiro trimestre un total de 48 equipos procedentes de centros educativos de toda Galicia, e as probas celebraranse en Santiago.

O tema que se preparou en Chantada foi o que a organización propuxo para a fase de clasificación: «Determina o papel do profesor/a o futuro dos mozos e mozas?» A dificultade desta competición reside en que o sorteo do posicionamento dialéctico, é dicir, se o equipo ten que argumentar en favor ou en contra, realízase tan só cinco minutos antes do debate. Deste xeito, resulta fundamental preparar previamente aos participantes con técnicas que lles axuden a resolver a situación.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte acolle este mes a XI Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Seguinte Nova

Estefanía Padullés expón as súas ilustracións en Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss