As axudas da PAC para 2016-2017 chegarán a a máis de 33.000 beneficiarios

•O importe total achégase aos 190 millóns de euros •As solicitudes poden presentarse ata o 30 de abril

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, explicou os detalles da nova orde de axudas da PAC en rolda de prensa o pasado 1 de febreiro. GPCMR.
A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, explicou os detalles da nova orde de axudas da PAC en rolda de prensa o pasado 1 de febreiro. GPCMR.

• O Diario Oficial de Galicia publicou o primeiro de febreiro a orde de axudas correspondente á nova convocatoria de pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, no marco da Política Agraria Común (PAC).

FONDOS EUROPEOS PARA O RURAL GALEGO

Según explicou a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, esta nova liña suporá un investimento de fondos europeos no rural galego de preto de 190 millóns de euros, que chegarán a máis de 33.000 beneficiarios. Vázquez puntualizou que estas achegas proceden dos pagamentos directos da PAC, a través do Fondo Europeo de Garantía (FEAGA), e das medidas agroambientais de desenvolvemento rural , que inclúen axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas.

RÁPIDA PUBLICACIÓN DA ORDE

Ángeles Vázquez sinalou que, malia ser unha orde cunha tramitación complexa e terse modificado a normativa básica recentemente, publicouse o primeiro día do prazo previsto na lexislación estatal reguladora, sendo Galicia unha das poucas Comunidades Autónomas que cumprirán dita previsión.

TRAMITACIÓN 100% ONLINE DAS SOLICITUDES

Vázquez falou tamén da tramitación e requisitos da PAC. A conselleira suliñou que esta orde de axudas segue a ser pioneira na redución de cargas burocráticas e na tramitación electrónica, xa que por esta vía se van tramitar o 100% das solicitudes. O prazo está aberto ata o 30 de abril de 2016. En canto aos requisitos, Vázquez destacou que en Galicia os solicitantes non terán que declarar o NIF do propietario das parcelas. A conselleira explicou que isto é posible porque a nosa Comunidade ten implementado un sistema que permite aos propietarios indicar que parcelas non poden ser solicitadas ao non estar arrendadas, evitando así a súa utilización fraudulenta.

NOVIDADES PARA SUPERFICIES AFECTADAS POLO «PAGO VERDE»

A titular de Medio Rural tamén explicou as particularidades das superficies de interese ecolóxico, afectadas polo coñecido como «pago verde» ou «greening», que inclúen barbeitos ou cultivos fixadores de nitróxeno. Vázquez precisou que non haberá que telas obrigatoriamente no verán e poderanse sementar no outono declarándoas como cultivo secundario. Así evítase, por exemplo, ter que deixar de cultivar superficie de millo para deixala a barbeito, según explicou a conselleira. Ademais, a petición de Galicia, que atendía ás demandas do sector, o trevo incluíuse no Real Decreto como SIE.

NOVAS AXUDAS PARA ZONAS CON LIMITACIÓNS NATURAIS

Vázquez avanzou que se convocan por primeira vez as novas axudas para zonas con limitacións naturais (montaña e distintas de montaña) que veñen substituír as anteriores indemnizacións compensatorias. En relación con estas achegas, a conselleira destacou que no hai carga gandeira máxima que as condicione, o cal permitirá acceder a elas a moitas explotacións que antes non podían, por ter unha carga gandeira superior a 2 UGM/ha, especialmente do sector lácteo.

A maiores, a titular de Medio Rural salientou que estas axudas terán un «destacado» importe por hectárea, e que contarán cun orzamento de 20 millóns de euros, fronte os 11,1 millóns dos últimos anos, o que supón un incremento do 80%.

Vázquez falou tamén da campaña da PAC 2015-2016, aínda en marcha, xa que o prazo dos pagos remata o 30 de xuño. A conselleira afirmou que Galicia está por riba da media estatal en canto aos pagos realizados nesta quenda.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta defende a homologación de contratos-tipo no sector vitivinícola

Seguinte Nova

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra consolídase como entidade de xestión

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: