Completadas as melloras do albergue público de Ferreiros

Nava Castro e Raquel Arias supervisaron os resultados das melloras no albergue público de Ferreiros, en Paradela, o pasado 4 de febreiro. GPXG.
Nava Castro e Raquel Arias supervisaron os resultados das melloras no albergue público de Ferreiros, en Paradela, o pasado 4 de febreiro. GPXG.

• A comezos deste mes quedaron completados os traballos de mellora que a Xunta realizou no albergue de Ferreiros, no concello de Paradela. Según explicaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a súa visita ao albergue o día 4 deste mes, estas obras forman parte das actuacións da Xunta na Rede Pública de Albergues do Camiño Francés.

PRETO DE 30.000 EUROS EN REFORMAS

Castro explicou que no albergue de Ferreiros investíronse preto de 30.000 euros na construción dun aseo independente adaptado para persoas con discapacidade, a reforma da zona de acceso, a separación do lavadoiro-tendedeiro da cociña e o peche da zona destinada a persoas de control do albergue.

MÁIS DE 330.000 PEREGRINOS NA REDE PÚBLICA DE ALBERGUES EN 2015

Na súa visita a Paradela, Nava Castro destacou que a Xunta realiza labores de mantemento, reparación e mellora continúas a prol da conservación e protección desta rede de albergues pública, que suma na actualidade un total de 70 establecementos. No pasado ano 2015, estes albergues acolleron un total de 334.975 peregrinos.

A responsable de Turismo da Xunta afirmou que o feito de ter unha rede «perfectamente estruturada e habilitada» para a acollida dos peregrinos resulta «fundamental» xa que «o Camiño de Santiago converteuse no produto estrela de Galicia e o noso principal elemento captador de turismo internacional».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra consolídase como entidade de xestión

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra, presente na feira de gastronomía Xantar 2016 en Ourense

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: