Ata finais do mes de marzo, a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organiza unha serie de percorridos polo Camiño de Inverno. Logo das xornadas de finais de xaneiro e comezos de febreiro, a vindeira cita será o domingo 21 de febreiro, coa ruta Ponte Pedroso-Lalín-A Laxe, de 15 quilómetros en tres etapas, que culmina cunha visita ao Pazo de Liñares.
O 6 de marzo desenvolverase o percorrido As Médulas-Sobradelo, con 17,5 quilómetros, en tres etapas, con visitas á Ponte Nova e área recreativa de Sobradelo.
Xa o 20 de marzo, o itinerario centrarase en Sober, percorrendo dende Doade ata o Mirador Pena do Castelo cara ó río entre os socalcos dos viñedos. A xornada culminará cunha visita e xantar no marco da Feira do Viño de Amandi.•