•O mal tempo aprazou algúns festexos e restou brillo ás celebracións, pero non puido coa ilusión e o humor dos participantes
Entroido sen desfile pero con baile en Sober
• O sábado de Entroido estivo protagonizado pola chuvia, circunstancia que obligou a tomar decisións nas celebracións de Entroido. Así, en Sober os disfraces obviaron o tradicional desfile polas rúas da capitalidade, e concentraron a festa no pavillón polideportivo. Antes, a Banda Municipal de Música, debidamente caracterizada, animou a tarde dos usuarios da Residencia de Maiores.•
Gran Entroido no Colexio Ferroviario
• O Colexio Ferroviario celebrou cunha gran festa a chegada do Entroido. Antes de dar paso ás breves vacacións, o alumnado das diferentes etapas educativas vestiu os seus mellores disfraces e sumouse á ledicia desta festividade lúdica e colorista, na que os únicos requisitos son a imaxinación e o bo humor. (Fotos cedidas).
O Entroido a cuberto en Bóveda
• Bóveda celebrou o domingo de Entroido a cuberto da chuvia. Nenos e maiores disfrutaron do baile de disfraces, ao que se sumou animadamente unha representación dos usuarios da Residencia para Persoas con Discapacidade. (Fotos: EC).