Impulso ao sector vitivinícola da Ribeira Sacra con axudas do plan Leader

 

•A conselleira de Medio Rural visitou a adega soberina A Man de Prado

A visita da conselleira de Medio Rural á adega A Man de Prado tivo lugar o 9 de febreiro. GPCMR.
A visita da conselleira de Medio Rural á adega A Man de Prado tivo lugar o 9 de febreiro. GPCMR.

• O pasado 9 de febreiro, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitou a adega soberina A Man de Prado, para coñecer o resultado das axudas do Plan Leader recibidas por esta empresa.

AXUDA PARA A CREACIÓN DA ADEGA

Según explicaron os responsables da Consellería, esta adega soberina foi beneficiaria de dúas axudas no marco do Plan Leader 2007-2013, xestionadas polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra. Por unha banda, a firma contou cunha achega de máis de 194.000 euros para a creación da adega e o seu acondicionamento.

ACHEGA PARA FACER UN VIVEIRO DE VIDES AUTÓCTONAS

Por outro lado, a empresa dispuxo dunha subvención, tamén do Plan Leader, por valor de preto de 45.000 euros, para a creación dun viveiro con vides autóctonas da Ribeira Sacra que contribuíse á recuperación das variedades tradicionais brencellao, merenzao, caíño, souson e garnacha.

O PLAN LEADER CONSOLIDOU PRETO DE 5.000 EMPREGOS NO RURAL

Durante a súa visita á adega soberina, Ángeles Vázquez explicou que o Plan Leader 2007-2013 supuxo unha axuda pública para un total de 2.183 proxectos relacionados co desenvolvemento rural. O importe das subvencións totais concedidas foi de 91,7 millóns de euros, que supuxeron un investimento inducido de 226 millóns. Vázquez apuntou tamén que grazas a esta inversión foi posible consolidar preto de 5.000 empregos e crear preto doutros 1.000 máis no seu período de vixencia, que se prolongou ata o ano 2015.

NOVAS AXUDAS

A titular autonómica adiantou a aprobación das bases para o novo Plan Leader 2014-2020, que ten como obxectivo «seguir mellorando a calidade de vida no rural creando emprego e riqueza».

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis de 30 carteis compiten no concurso da XXXVI Feira do Viño de Amandi

Seguinte Nova

Monforte aprazou o desfile de comparsas de Entroido ao domingo 21 de febreiro

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss