Máis de 30 carteis compiten no concurso da XXXVI Feira do Viño de Amandi

O Concello de Sober recibiu unha trintena de traballos para o Concurso de Carteis da XXXVI Feira do Viño de Amandi, que se celebrará os días 19 e 20 de marzo.

CARTEIS CHEGADOS DE FÓRA DE GALICIA

O alcalde, Luis Fernández Guitián, agradeceu esta alta participación, similar a do ano pasado, e precisou que o concurso «ten xa carácter nacional». O rexedor local precisou que os deseños presentados procedían non só de Galicia e da Ribeira Sacra, senón tamén de puntos como Valencia, País Vasco, Cataluña ou Castela-León.

As bases do concurso establecían que os carteis debían recoller o espíritu da Feira do Viño de Amandi, con especial atención ao sector vitivinícola, patrimonial e cultural da localidade. O fallo do xurado darase a coñecer o 20 de febreiro, cando se presenten tamén as actividades da feira nun acto que se desenvolverá nos Muíños do Xábrega. O deseño gañador contará cun premio de 600 euros en metálico, e será a imaxe promocional da XXXVI Feira do Viño de Amandi, tanto en cartelería como en programas de man.

EXPOSICIÓN COS TRABALLOS

A totalidade dos traballos presentados a concurso comporán unha exposición, que permanecerá aberta dende o 19 de marzo ata o 20 de abril.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Piden a Renfe mellores conexións ferroviarias para a provincia de Lugo

Seguinte Nova

Impulso ao sector vitivinícola da Ribeira Sacra con axudas do plan Leader

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: