•A sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte acolle ata finais de febreiro a XI Bienal de Pintura do Eixo Atlántico.
PRETO DUNHA TRINTENA DE TRABALLOS
A mostra, inaugurada o pasado 5 de febreiro, recolle un total de 29 traballos inéditos firmados por artistas galegos e portugueses, seleccionados entre máis dun cento de creadores.
Según explicou a concelleira de Cultura, Marina Doutón, no acto de apertura, esta Bienal «é un un xeito de fomentar a creatividade, o diálogo e a comunicación entre os artistas dos dous lados da fronteira».
ÚNICA EXPOSICIÓN ITINERANTE ENTRE DOUS PAÍSES
A bienal, organizada polo Eixo Atlántico en colaboración coa Fundação dá Juventude (FJ) de Portugal, é a única exposición itinerante que se realiza entre dous países da Unión Europea. O seu obxectivo é favorecer un espazo de promoción e de intercambio de novos creadores e creadoras da Eurorrexión.
PREMIOS SEGÚN NACIONALIDADE
A pintura en acrílico sobre madeira tallada do artista galego Olmo Blanco Fuentes foi a obra gañadora do primeiro premio da bienal de 2015-2016. O segundo premio foi para os traballos ‘The first date’, de Rui Sousa, na categoría de autor portugués, e, na de autor galego, ‘Non teño nada’, de Raquel Martínez Ortiz.
GALARDÓN AOS NOVOS TALENTOS CREATIVOS
O premio de novos talentos recaeu en ‘Lady by the sea’, de Diogo Castro. Ademais recibiron mención especial as obras ‘Somos erros na resaca V’, de Anaí Lago, e ‘Série III, Construção II’, de Maria de Fátima Teles da Silva.•