Monforte aprazou o desfile de comparsas de Entroido ao domingo 21 de febreiro

O alcalde de Monforte, José Tomé, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, durante a reunión cos representantes das comparsas do Entroido, celebrada no Salón de Plenos do Consistorio o luns 8 de febreiro. GPCM.
O alcalde de Monforte, José Tomé, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, durante a reunión cos representantes das comparsas do Entroido, celebrada no Salón de Plenos do Consistorio o luns 8 de febreiro. GPCM.

• A decisión foi tomada conxuntamente nunha reunión entre o Concello e os representantes das comparsas

 

• O Entroido en Monforte terá que esperar a que escampe. Así o decidiron conxuntamente os responsables do Concello e das comparsas que ían participar no desfile do Martes de Entroido, xusto na víspera da celebración. A chuvia anunciada para dita xornada propiciou que se aprazase este singular evento, que mobiliza a miles de persoas entre participantes e público.

Según explicaron dende o Concello, foron o alcalde de Monforte, José Tomé, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, os que convocaron aos representantes das comparsas ante a previsión de chuvia constante para a xornada do Martes de Entroido. «Non queríamos tomar unha decisión sen debatela previamente coas comparsas, posto que son as protagonistas», precisou Doutón. A concelleira de Cultura valorou o «tempo e esforzo» destas persoas na confección dos disfraces e deseños, así como na preparación do desfile, «e por iso queríamos escoitar a súa opinión antes de decidir».

Na xuntanza, os representantes dos centros de ensino, que son os que aportan as comparsas máis numerosas, anunciaron que non sairían se chovía. Según explicaron, a chuvia estragaría os disfraces, desluciría o desfile e, ademais, moitos pais e nais non deixarían desfilar aos seus fillos se chovía moito.

Aínda que, nun principio, barallaron como data o sábado 13, a previsión meteorolóxica non era moito mellor. Entón, optouse por realizar o desfile o domingo 21 de febreiro.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Impulso ao sector vitivinícola da Ribeira Sacra con axudas do plan Leader

Seguinte Nova

O Museo Etnográfico de Quiroga organiza un curso de iniciación á cerámica

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: