Novas actividades en Quiroga para o mes de febreiro

• O Concello de Quiroga desenvolverá este mes novas actividades para diversos colectivos.

OCIO SAUDABLE PARA MAIORES

Por unha banda, o mércores 24 de febreiro iniciarase o programa «Ocio saudable» para maiores, que se desenvolverá no Balneario de Augas Santas en Pantón, organizado pola Área de Cultura do Concello de Quiroga.

CHARLA SOBRE LACTANCIA O SÁBADO 27

Asimesmo, o sábado 27 de febreiro, a Área de Educación e Infancia do consistorio quirogués organiza unha charla sobre lactancia materna, dentro do Proxecto Primeira Infancia.

CONTACONTOS EN INGLÉS OS SÁBADOS

Para os máis cativos, os sábados a partir do 13 de febreiro serán o día dos Contacontos en inglés, actividade organizada pola Área de Educación e Infancia.

Ademais destas novidades, o Concello de Quiroga segue a ofrecer as habituais actividades ao longo de toda a semana. Os bailes no Centro Social ocupan a xornada dos domingos, e os sábados énchense coas competicións nas diversas modalidades deportivas, e as clases de pintura. O venres é a cita co ioga e as actividades de relaxación, e do curso de estimulación cognitiva, que tamén se imparte os luns e mércores.

Os luns é a quenda do programa «Espazos en familia» e do taller de memoria. As clases de aerobic son os luns e mércores.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Museo Etnográfico de Quiroga organiza un curso de iniciación á cerámica

Seguinte Nova

Quiroga impulsa unha nova imaxe para a Feira do Viño

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss