O lucense Jorge Coira, patrón da Fundación TIC, acadou un Premio Goya á mellor montaxe pola película «El Desconocido»

Jorge Coira conversa co presidente da Deputación, Darío Campos, durante a Xornada de Pitching desenvolvida na Escola de Imaxe e Son (EIS) de Lugo o pasado 30 de xaneiro.  (Foto cedida: EIS).
Jorge Coira conversa co presidente da Deputación, Darío Campos, durante a Xornada de Pitching desenvolvida na Escola de Imaxe e Son (EIS) de Lugo o pasado 30 de xaneiro.
(Foto cedida: EIS).

•A recente edición dos Premios Goya de cine tivo presenza lucense. Jorge Coira, natural de Rábade, recibiu o Goya á mellor montaxe polo seu traballo na película «El Desconocido».

Coira é un dos patróns da Fundación TIC, xa que dende os inicios participou activamente nas actividades da Escola de Imaxe e Son (EIS), dependente desta entidade. O último encontro de Coira co estudantado da Escola foi a Xornada de Pitching, celebrada na última fin de semana de xaneiro, coa participación de 17 directores e guionistas profesionais de Galicia.

Ademais, Jorge Coira ten impartido no centro lucense diversas masterclass sobre dirección de cine. Recentemente, ofreceu unha charla para os alumnos e alumnas da EIS sobre como presentar os seus proxectos audiovisuais.

Ademais de Coira, a gala dos Premios Goya contou con máis creadores procedentes da nosa provincia. O director monfortino Dani de la Torre e o actor Luís Tosar tamén acudiron á gala nominados como mellor director e mellor actor protagonista na película «El Desconocido».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte reciclou máis vidro e menos roupa usada en 2015

Seguinte Nova

O PP de Sarria pide ao Goberno local que retire e anule o plan de protección do casco histórico

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: