O poeta Manuel María, na galería de ilustres do IES A Pinguela de Monforte

Retrato do poeta Manuel María, realizado polo artista lucense Maximiliano López, por encargo do IES A Pinguela. (Foto cedida).
Retrato do poeta Manuel María, realizado polo artista lucense Maximiliano López, por encargo do IES A Pinguela. (Foto cedida).

• O IES A Pinguela de Monforte vén de incluír na súa galería de persoeiros ilustres á figura de Manuel María Fernández Teixeiro.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O poeta da Terra Chá e monfortino de adopción foi o elixido pola Real Academia Galega para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016. Con este motivo, o instituto monfortino encargou ao pintor lucense Maximiliano López un retrato de 50 por 40 centímetros do escritor chairego.

Con este cadro, a figura e a memoria cultural e literaria de Manuel María pasa a integrar a galería de monfortinos ilustres do IES A Pinguela, xunto a Antonio Casares, Maximino Teijeiro, José Goyanes Capdevila, Andrés García Camba de las Heras e Lois Pereiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria acollerá en marzo o encontro de Fraternidad Internacional del Camino de Santiago

Seguinte Nova

Continúan os percorridos da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: