O PP de Sarria pide ao Goberno local que retire e anule o plan de protección do casco histórico

casco historico sarria- ec

Esta petición, dada a coñecer a comezos deste mes, está baseada, según o PP local, nas «múltiples irregularidades» do plan «que fan que non sexa de utilidade para o fin que persegue». Según os populares de Sarria, estas irregularidades deixan á vila «nunha situación de inseguridade xurídica», posto que a zona de protección do plan non se adapta ao territorio protexido polo Camiño de Santiago fixado pola Xunta. «Hai zonas que aparecen protexidas nun dos plans e non no outro», suliñan dende o PP de Sarria. desde o PP advirten que dos 1.500 afectados, o 90% sofre perdas patrimoniais importantes nos seus inmobles e que aínda non foron advertidos, xa que a maioría aínda non foron notificados polo Concello. «Cremos que é inasumible que se aprobe un plan sen que se teña notificado aos afectados», engaden. (Foto: EC).•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O lucense Jorge Coira, patrón da Fundación TIC, acadou un Premio Goya á mellor montaxe pola película «El Desconocido»

Seguinte Nova

A Xunta defende a homologación de contratos-tipo no sector vitivinícola

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: