
• Durante este mes pode verse no Centro Sociocultural de Bóveda unha exposición cos carteis presentados ao Concurso da XIII Feira Tradicional Outrora. Unha trintena de deseños que recollen o espírito desta feira dos oficios tradicionais, inspirada nas citas comerciais e sociais que foron as feiras na Galicia de finais do século XIX e principios do século XX. (Foto: EC).



