Piden a Renfe mellores conexións ferroviarias para a provincia de Lugo

•O deputado lucense do PP, Joaquín García Díez, entregou ao presidente de Renfe un documento con propostas para mellorar «nun breve prazo de tempo»

Á dereita da imaxe, o deputado do PP por Lugo, Joaquín García Díez, na xuntanza co presidente de Renfe, Pablo Vázquez Vega, e a directora xeral de operacións da entidade, Berta Barrero Vázquez. GPGPP.
Á dereita da imaxe, o deputado do PP por Lugo, Joaquín García Díez, na xuntanza co presidente de Renfe, Pablo Vázquez Vega, e a directora xeral de operacións da entidade, Berta Barrero Vázquez. GPGPP.

• O pasado 5 de febreiro, o deputado do PP por Lugo, Joaquín García Díez, trasladou a altos cargos de Renfe a súa preocupación «e a da sociedade lucense» polo feito de que a posta en marcha a comezos deste mes de novos servizos entre Galicia e Madrid non resolva «de xeito satisfactorio» as comunicacións coa provincia de Lugo.

PRIORIZAR AS MELLORAS A CORTO PRAZO

No encontro mantido co presidente de Renfe, Pablo Vázquez Vega, e a directora xeral de operacións da entidade, Berta Barrero Vázquez, o deputado popular precisou que «hai que buscar solucións a corto prazo que non deixen a Lugo á marxe» das recentes melloras. García Díez facía referencia á redución de tempos que supuxo a inauguración da línea de alta velocidade Olmedo-Zamora, e ás seis frecuencias diurnas que ten dende o día 1 de febreiro a conexión ferroviaria Madrid -Ourense. O deputado popular por Lugo suliñou a necesidade de priorizar as actuacións que permitan engancharse a programa de novos servizos implantados hai pouco por Renfe, «sen abandonar os plans nas novas infraestruturas que melloren as liñas que xa non son competitivas», precisou.

García Díez entregou aos responsables de Renfe un documento cunha serie de propostas de mellora «a curto prazo». Así, solicitou novos enlaces entre Lugo e Ourense para aproveitar algúns dos seis servizos diurnos diarios Ourense-Madrid, xa que polo de agora só hai unha conexión, que chegaría a Madrid a media tarde. Con este incremento de enlaces, non só melloraría a comunicación entre a capital lucense e a española, senón tamén se acadarían «vantaxes adicionais», como unha mellor conexión con Sarria e Monforte, así como coas súas poboacións intermedias. Ademais, contribuiríase a encher os trens procedentes de Ferrol-Coruña e Pontevedra-Vigo. Por outra banda, realizaríase a conexión entre Lugo e Santiago, ademais de coa provincia de Pontevedra, «en tempos razoables». García Díez tamén apuntou a que esta maior conexión melloraría a combinación en Monforte cos servizos rápidos diurnos de Galicia co País Vasco e Cataluña.

García Díez insistiu na necesidade de mellorar as conexión Lugo-A Coruña, con horarios máis axeitados e trens de mellores prestacións.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Inaugurado o novo espazo de acceso ao embarcadoiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

Seguinte Nova

Máis de 30 carteis compiten no concurso da XXXVI Feira do Viño de Amandi

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: