Quiroga impulsa unha nova imaxe para a Feira do Viño

•A organización aprobou un novo deseño do cartel, e creou un logotipo que se usará a partir de agora

O logotipo que identificará á Feira do Viño de Quiroga estrearase na vindeira edición do 26 ao 27 de marzo.  (Foto cedida).
O logotipo que identificará á Feira do Viño de Quiroga estrearase na vindeira edición do 26 ao 27 de marzo.
(Foto cedida).

• A finais de xaneiro, a comisión organizadora da XXXIV Feira do Viño de Quiroga decidiu dar o visto bo a unha nova imaxe promocional deste evento. A Feira, que se celebrará os días 26 e 27 de marzo, lucirá unha nova identidade grazas a un cartel innovador, seleccionado pola organización entre as diversas propostas recibidas, e que reúne a cor do viño tinto coa silueta dunha copa para a súa degustación.

LOGO PERMANENTE PARA A FEIRA DO VIÑO

Asimesmo, o cartel inclúe outra novidade, que é o logotipo identificativo da Feira do Viño de Quiroga. Según explicaron dende a organización, este novo logo terá carácter permanente, e figurará a partir desta edición en todas as comunicacións públicas e promocionais deste importante evento enolóxico.

CONCURSO DE TAPAS DO 17 AO 25 DE MARZO

En paralelo á XXXIV Feira do Viño, a comisión organizadora deu a coñecer unha serie de actos lúdicos e deportivos en torno a esta celebración. Así, Quiroga celebrará o Concurso de Tapas entre o 17 e o 25 de marzo. Na programación festiva, o deporte terá espazo por partida doble.

FÚTBOL E CARREIRA POPULAR NA PREVIA Á FEIRA DO VIÑO

Por unha banda, do 21 ao 24 de marzo disputarase un torneo de fútbol sala co gallo da celebración da XXXIV Feira do Viño de Quiroga. Por outro lado, o día anterior á Feira, o 25 de marzo celebrarase a tradicional Carreira Popular.

NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE CAMISETAS DA FEIRA DO VIÑO

Por último, este ano poñerase en marcha unha nova edición do tradicional concurso de camisetas, no que se premiarán os mellores deseños alusivos á Feira do Viño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novas actividades en Quiroga para o mes de febreiro

Seguinte Nova

A conselleira de Medio Rural interesouse pola industria apícola en Bóveda

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: