Sarria acollerá en marzo o encontro de Fraternidad Internacional del Camino de Santiago

• Os días 12 e 13 de marzo, a vila de Sarria vai acoller un Encontro Internacional organizado por Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS). Según explicou Carmen Pugliese, presidenta de FICS, a decisión de organizar esta xuntanza tomouse o pasado mes de decembro, logo da última asamblea da FICS en Tui, e tendo en conta «os problemas que afectan á peregrinación xacobea tradicional». A elección de Sarria como sede do Encontro baseouse, según Pugliese, nunha doble motivación. Por unha banda, para rendir homenaxe a Elías Valiña, «gran sarriao de dimensión universal, e pai do renacemento do Camiño nos tempos modernos». Por outra banda, Pugliese explicou que Sarria é un lugar «onde o debate e as nosas propostas fanse máis necesarias, dados os problemas actuais que a ninguén se lle ocultan», e para «defender con valentía a peregrinación xacobea».

Dende a FICS convocan a todos os axentes culturais, políticos e sociais a participar neste encontro, centrado na defensa da peregrinación tradicional a Compostela e os seus valores. Algunhas das cuestións que adiantaron dende a FICS versarán sobre a masificación do Camiño e a súa confusión co turismo «na súa peor acepción», entre outros temas.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Estefanía Padullés expón as súas ilustracións en Chantada

Seguinte Nova

O poeta Manuel María, na galería de ilustres do IES A Pinguela de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss