A Xunta mellorará a seguridade vial en estradas de Monforte e Chantada

•Está previsto que os traballos se inicien este verán •O orzamento destinado achégase aos 600.000 euros

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, acompañada do alcalde de Chantada, durante a presentación do proxecto de mellora de varios viais no municipio chantadino, o 16 de febreiro. GPCIV.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, acompañada do alcalde de Chantada, durante a presentación do proxecto de mellora de varios viais no municipio chantadino, o 16 de febreiro. GPCIV.

• A mediados de febreiro, a Xunta de Galicia anunciou diversas actuacións de mellora da seguridade vial en estradas que percorren os municipios de Chantada e Monforte. Según explicou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, durante a súa visita a Chantada o día 16, está previsto que os traballos comecen este verán, cun orzamento cercano aos 600.000 euros. O proxecto de mellora, cuxa licitación saiu publicada no Diario Oficial de Galicia do día 17 de febreiro, consiste en traballos de reforzo do firme de varios puntos de travesías de Chantada e de Monforte , co obxectivo de ofrecer maior seguridade aos vehículos en circulación.

MELLORAS EN ZONA ESCOLAR PARA CHANTADA

Os responsables técnicos da Xunta precisaron as características das actuacións de mellora en Chantada. Neste municipio, a Consellería vai mellorar o firme da LU-533 que une Chantada con Escairón, no tramo de 1 quilómetro de travesía. Asimesmo, as obras completaranse coa construción de tres pasos elevados nos puntos onde agora hai pasos convencionais, e tamén se realizarán labores de drenaxe.Vázquez puntualizou a importancia destes traballos, ao desenvolverse nun tramo de zona escolar, para incrementar a seguridade dos peóns. A conselleira lembrou que os traballos de Chantada contarán cun financiamento de arredor de 200.000 euros.

TRABALLOS EN VARIAS ESTRADAS DE MONFORTE

Na mesma visita a Chantada, Ethel Vázquez anunciou que no verán vanse acometer varias actuacións en estradas do municipio de Monforte de Lemos. Así, a Consellería desenvolverá obras de reforzo do firme no tramo de travesía da LU-661 dirección N-120, e na travesía da LU-617 que desemboca no corredor Lugo-Monforte. En total, mellorarase a capa de rodadura ao longo de 1,4 quilómetros, incorporarase unha nova glorieta, pasos de peóns sobreelevados, e melloras na sinalización. En total, o importe destas actuacións en Monforte ronda os 400.000 euros.

Ethel Vázquez destacou que estes proxectos supoñen «un novo avance» na seguridade viaria do interior de Galicia.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

AGACA organizou actividades formativas na provincia

Seguinte Nova

Homenaxe á monfortina Clara Fernández, campiona de España sub-17

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: