Aberto o prazo de inscrición para os postos da Feira Medieval de Monforte

•A XIV Feira Medieval celebrarase na cidade do Cabe os días 26 e 27 de marzo •As persoas interesadas en contar cun stand de alimentación, artesanía ou comercio poderán solicitalo ata o 1 de marzo

A Feira Medieval concentra en Monforte a numeroso público, que disfruta do ambiente festivo e da variedade comercial que supón este evento. Arquivo EC.
A Feira Medieval concentra en Monforte a numeroso público, que disfruta do ambiente festivo e da variedade comercial que supón este evento. Arquivo EC.

• O Concello de Monforte vén de abrir o prazo para a inscrición dos postos comerciais que participarán na XIV Feira Medieval. Este importante evento, que reúne historia, artesanía, lecer e gastronomía, celebrarase na cidade do Cabe durante a fin de semana do 26 ao 25 de marzo.

PRAZOS PARA A SOLICITUDE E LISTADO DEFINITIVO

Según explicou a concelleira de Cultura de Monforte, Marina Doutón, durante a presentación das bases da Feira, os vendedores interesados en instalar un posto deberán presentar a súa solicitude antes do 1 de marzo ás 14 horas. Doutón precisou que a relación definitiva de participantes será publicada na web do Concello de Monforte o 7 de marzo, e no documento tamén se indicará o procedemento de pago.

A FEIRA PRIORIZARÁ AOS VENDEDORES DE MONFORTE E DA COMARCA DE LEMOS

Marina Doutón destacou que as bases da XIV Feira Medieval priorizarán as solicitudes presentadas por vendedores de Monforte e da comarca de Lemos. A convocatoria establece tres modalidades para os postos, artesanía, alimentación e comercio. Asimesmo, os participantes que desexen realizar obradoiros ou demostracións nos seus postos deberán indicalo ao formalizar a súa solicitude.

As inscricións poden realizarse na Oficina Técnica de Emprego, situada nas Casiñas da Compañía, ou ben a través dos teléfonos 982 88 47 75 e 698 18 15 51.

CARACTERIZACIÓN MEDIEVAL DOS POSTOS E DOS VENDEDORES

A responsable de Cultura no Concello de Monforte precisou tamén que a valoración das solicitudes terá en conta aspectos como o carácter artesanal dos produtos ofertados, a vestimenta medieval dos vendedores, e a caracterización medieval e engalanado dos postos. A comisión organizadora dotará a cada posto dunha tarxeta de identificación, que deberá estar visible ao público durante a celebración da Feira.

A concelleira de Cultura, Marina Doutón, durante a presentación do cartel anunciador da XIV Feira Medieval, realizado por José Quiroga. GPCM.
A concelleira de Cultura, Marina Doutón, durante a presentación do cartel anunciador da XIV Feira Medieval, realizado por José Quiroga. GPCM.

JOSÉ QUIROGA DESEÑOU O CARTEL DA XIV FEIRA MEDIEVAL

Asimesmo, o Concello xa deu a coñecer o cartel anunciador da XIV Feira Medieval de Monforte, que foi deseñado por José Quiroga.

Dende o Concello tamén suliñaron que a organización da XIV Feira Medieval de Monforte de Lemos conta coa colaboración da Deputación de Lugo, o Centro Comercial Urbano e a Asociación Provincial de Empresarios da Provincia de Lugo.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os nenos e nenas de Sober homenaxean as linguas maternas do mundo

Seguinte Nova

Elena Candia e Raquel Arias optarán a presidir o PP de Lugo no XVII Congreso Provincial

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss