Alumnado do IES Daviña Rey cartografiou Monforte «minuto a minuto»

•O mapa sinóptico M3, ou MetroMinutoMonforte, describe as rutas escolares en metros de distancia e no seu equivalente en minutos

O MetroMinutoMonforte (M3), que recorda os planos do metro, precisa as distancias en metros e minutos das rutas dos centros educativos. (Foto cedida).
O MetroMinutoMonforte (M3), que recorda os planos do metro, precisa as distancias en metros e minutos das rutas dos centros educativos. (Foto cedida).

• Monforte de Lemos xa ten unha nova cartografía, pensada para camiñar. A mediados deste mes, o IES Daviña Rey presentou o MetroMinutoMonforte, máis coñecido como M3, que foi deseñado e calculado polo alumnado do primeiro ciclo de ESO. Según explicaron dende o instituto monfortino, a iniciativa inspirouse nun modelo pontevedrés, a partir da cal os escolares idearon unha colección de mapas singulares, cuxa primeira entrega é o M3. Este MetroMinutoMonforte ofrece unha detallada información das distancias en metros e en minutos de duración dos itinerarios ata os centros educativos da cidade. Os alumnos e alumnas realizaron as medicións correspondentes en cada ruta, e trasladaron os datos para o seu cálculo como traballo para a actividade de Matemáticas, para logo verquer as medicións definitivas na maqueta do mapa.

Os responsables deste traballo explicaron que o obxectivo do M3 foi reflexionar sobre a mobilidade urbana dos cidadáns, pero en especial dos escolares e das súas familias. Unha vez completado o mapa escolar, está previsto desenvolver outros trazados dentro da mesma liña. Este traballo enmárcase no proxecto Tips de Ruta sobre Mobilidade Sostible, do Plan Proxecta da Consellería de Educación.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Entrega dos premios da II Cata-concurso Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade

Seguinte Nova

Escolares de Quiroga e Ribas de Sil homenaxearon a Manuel María pola reedición do seu libro «Sonetos ao Val de Quiroga»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: