Aprendendo a salvar vidas no IES A Pinguela

Un momento da sesión teórico-prática sobre recuperación cardiopulmonar e desfibrilación, impartida no IES A Pinguela por José Palacios Aguiar, profesor de Actividades Acuáticas e Socorrismo da UDC. (Foto cedida).
Un momento da sesión teórico-prática sobre recuperación cardiopulmonar e desfibrilación, impartida no IES A Pinguela por José Palacios Aguiar, profesor de Actividades Acuáticas e Socorrismo da UDC. (Foto cedida).

•A mediados deste mes, o IES A Pinguela acolleu unha conferencia sobre reanimación cardiopulmonar e desfibrilación, impartida por José Palacios Aguilar, profesor de Actividades Acuáticas e Socorrismo da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física da Universidade de A Coruña (UDC). Palacios amosou ao alumnado unha serie de técnicas para salvar vidas a través da reanimación e do uso do desfibrilador. O alumnado participou activamente nos exercicios, que poden axudalos a resolver situacións críticas en calquer momento e lugar.

O profesor Palacios ofreceu outra conferencia a finais de mes sobre prevención de afogamentos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As rutas fluviais contarán con novidades en Semana Santa

Seguinte Nova

Os nenos e nenas de Sober homenaxean as linguas maternas do mundo

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss