As novas tecnoloxías, clave para o comercio de proximidade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, presidiu o networking con comerciantes lucenses celebrado na sede da Federación Galega de Comercio o día 15. GPCEEI.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, presidiu o networking con comerciantes lucenses celebrado na sede da Federación Galega de Comercio o día 15. GPCEEI.

• O pasado 15 de febreiro, tivo lugar un encontro de networking no que participaron un bo número de comerciantes lucenses, para coñecer as oportunidades que ofrecen a este sector as novas tecnoloxías. O encontro, celebrado na sede da Federación Galega de Comercio, contou coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado pola directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas.

Durante o encontro, o conselleiro animou aos asistentes a implementar as novas tecnoloxías nos seus negocios, sobre todo cara á venda por internet. Conde fixo referencia ao impulso que dende a Xunta de Galicia se está a realizar neste sentido, como a dotación de 3 millóns de euros que aportou este ano para o programa de impulso do «smart commerce» e o comercio en liña. Según o titular de Economía, o ano pasado máis de 150 empresarios lucenses puxeron en marcha preto de 300 proxectos de novos sistemas de comercialización grazas a esta liña de axudas.•

•O PEQUENO COMERCIO, EN CIFRAS

•GALICIA, A CUARTA COMUNIDADE CON MAIOR CRECEMENTO DAS VENDAS EN 2015. Según lembrou o conselleiro, en 2015 as vendas do comercio subiron en Galicia un 4,5%, mentres que no conxunto do Estado se incrementaron un 3,6%, situándose a comunidade como a cuarta cun maior incremento.

• O PEQUENO COMERCIO, «CLAVE» NA RECUPERACIÓN ECONÓMICA. Conde destacou a importancia do sector do comercio de proximidade como «clave» na recuperación económica, xa que o pequeno comercio dá emprego na provincia de Lugo a máis de 20.000 persoas.

•MEDRA O NÚMERO DE PEQUENAS EMPRESAS QUE VENDEN POR INTERNET. O titular de Economía da Xunta suliñou que, segundo os datos do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), as empresas galegas de menos de 10 empregados que venden en internet alcanzaron en 2015 o 10,6%, máis do dobre que o ano anterior.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xunta e Concello de Monforte acordan unha solución para o saneamento do Porto Seco

Seguinte Nova

Piden a fusión dos concellos de Chantada, Carballedo e Taboada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: