•A Deputación anunciou unha nova central de reservas que estaría operativa para este periodo vacacional, e unha oficina turística no embarcadoiro de Doade
• A Xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou na sesión do 19 de febreiro unha serie de medidas adicionais para incluir no plan de mellora das rutas fluviais.
TRABALLOS DE MANTEMENTO E REPARACIÓN EN MARCHA
Según explicou o voceiro provincial socialista, Álvaro Santos, este plan xa está a desenvolverse,coa execución de traballos de mantemento e reparación dos catamaráns, tanto nos seus elementos estructurais como mecánicos. O obxectivo é que as instalacións e os equipamentos deste servizo estean listos para porse en marcha na Semana Santa. «Será nesta data cando retomemos as viaxes fluviais coas primeiras melloras e novidades do plan», explicou Santos.
CENTRAL DE RESERVAS DE LUNS A DOMINGO
Según o voceiro provincial socialista, na Semana Santa estarán en marcha dúas das novidades aprobadas na Xunta de Goberno do día 19. Por unha banda, para dito periodo vacacional estará operativa unha central de reservas das rutas fluviais, para ofrecer o servizo de información turística dos itinerarios e de realización de reservas. Esta oficina estará en funcionamento de luns a domingo en horario ininterrumpido de 8,30 a 20,30 horas, e no teléfono 982 260 196, e no enderezo electrónico catamaranes.turismo@deputacionlugo.org. Asimesmo, os usuarios poderán comprar anticipadamente os billetes on line as 24 horas na web reservas.rutasembalses.es.
OFICINA PARA VENDA DE BILLETES E INFORMACIÓN TURÍSTICA EN DOADE
Ademais desta central de reservas, dende a Deputación anunciaron que van habilitar unha oficina para a venda de billetes no Club Náutico de Doade. Según precisou Álvaro Santos, esta oficina tamén ofrecerá información turística da Ribeira Sacra e de toda a provincia de Lugo.
Santos anunciou que a Deputación vai incrementar o número de profesionais de atención turística e de seguridade nos embarcadoiros, dada a gran afluencia de público a estes puntos de interés turístico. Neste sentido, o voceiro provincial socialista lembrou que o ano pasado, as rutas fluviais da nosa provincia rexistraron un volume de visitantes cercano ás 50.000 persoas.
Álvaro Santos puntualizou que, ademais destas actuacións, o Goberno da Deputación vai engadir outras melloras. O voceiro lembrou que o Executivo provincial está a desenvolver un plan de mellora en colaboración cos axentes sociais, colectivos, empresarios e concellos implicados nas rutas fluviais. Estas medidas están enmarcadas no Plan Integral de Turismo, «unha das grandes apostas persoais do Presidente da Deputación».•