Ata o 15 de marzo para presentar traballos ao III Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera

•A Deputación de Lugo ten aberto ata o 15 de marzo o prazo para participar no III Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera. Esta edición ten como tema a importancia de ríos, regatos e seimeiras en Terras do Miño e Os Ancares lucenses. Os traballos, en branco e negro ou cor, han de presentarse en formato dixital en CD e tamén copia en papel fotográfico, nun sobre pechado que inclúa os datos persoais do participante, no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo. As tres mellores fotografías recibirán premios en metálico de 800, 500 e 300 euros. Según explicaron os responsables da iniciativa, a pasada edición tivo gran éxito de convocatoria, xa que se presentaron máis de 50 fotografías. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga ofrece dende este mes un curso de alemán

Seguinte Nova

Ata o 7 de marzo para solicitar praza no programa “Benestar en Balnearios”

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: