Ata o 7 de marzo para solicitar praza no programa “Benestar en Balnearios”

• A Xunta de Galicia ten en marcha unha nova edición do programa «Benestar en Balnearios», no que ofrece aos maiores galegos máis de 600 prazas para estadías de 10 días en balnearios de toda Galicia.

Según explicaron os responsables desta iniciativa, o programa está dirixido aos maiores de 60 anos ou de 55 que teñan a condición de pensionista, e ademais poderán ir acompañados de fillos ou fillas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.

O programa «Benestar en Balnearios» busca contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, convivencia e tratamento termal. Como novidade, este ano incorpóranse o Balneario de Guitiriz e o Eurostars Isla de La Toja, en O Grove. Ademais, aumenta a contía que aporta a Xunta aos gastos, que pasa do 20% do ano pasado ao 27% da contía que ten que aboar o solicitante nesta quenda.

Toda a información e o formulario de solicitude pode atoparse na web http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-de-maiores.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 15 de marzo para presentar traballos ao III Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera

Seguinte Nova

AGACA organizou actividades formativas na provincia

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

   
A %d blogueros les gusta esto: