• A mediados deste mes, tivo lugar en O Páramo a clausura do obradoiro de emprego «Ponte da Neira V», que realizaron conxuntamente os concellos de O Páramo, Guntín e O Corgo. Nesta acción formativa, na que a Xunta de Galicia investiu preto de 180.000 euros, participaron 20 alumnos e alumnas, que adquiriron formación teórico-prática en albanelería. Os participantes aplicaron os seus coñecementos na reparación de varios espazos públicos nos tres municipios. En concreto, no Páramo os traballos consistiron na rehabilitación do campo da festa e do antigo palco da música en Ribas de Miño, así como no arranxo de escaleiras e varandas das igrexas de Moscán e Vilarmosteiro.•