Deputación e Eixo farán un estudo para axudar de balde aos concellos a mellorar a xestión de residuos

Imaxe da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo na que se aprobou a realización do estudo sobre xestión de residuos. GPDL.
Imaxe da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo na que se aprobou a realización do estudo sobre xestión de residuos. GPDL.

• A Deputación aprobou en Xunta de goberno do día 15 o convenio de colaboración para a realización dun estudo, conxuntamente do Eixo Atlántico, que axudaría aos concellos a ser máis eficientes na xestión de residuos.

Según explicou o voceiro provincial socialista, Álvaro Santos, esta colaboración permitirá ao Executivo lucense «acadar o primeiro estudo sobre a situación real do servizo de xestión de residuos de cada un dos concellos da provincia que participen neste proxecto». Santos explicou que o estudo vai dar información suficiente coa que elaborar propostas que axudarán aos concellos a mellorar a prestación deste servizo e aforrar gastos. O proxecto está aberto a todos os concellos que queiran sumarse, e non suporá custe algún para as arcas municipais. Santos destacou que este convenio enmárcase na aposta persoal do presidente da Deputación, Darío Campos Conde, por impulsar medidas que aforren cartos aos concellos.

Para empezar, a Deputación presentará o proxecto aos concellos nunha xornada informativa que se celebrará nas vindeiras semanas. Tamén enviará documentación aos Consistorios coa información detallada. A continuación, técnicos da área de Medio Ambiente da Deputación e da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico traballarán in situ en cada municipio adherido, para estudar de xeito individualizado aspectos económicos, organizativos ou medioambientais da xestión de residuos. En base a estes datos, elaborarase a correspondente proposta de mellora para cada caso.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Completado un obradoiro de emprego conxunto en O Páramo

Seguinte Nova

As rutas fluviais contarán con novidades en Semana Santa

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: