Homenaxe á monfortina Clara Fernández, campiona de España sub-17

A futbolista Clara Fernández recibiu unha placa conmemorativa polo seu triunfo no campionato de España sub-17 de mans do alcalde de Monforte, José Tomé, o pasado  19 de febreiro. GPCM.
A futbolista Clara Fernández recibiu unha placa conmemorativa polo seu triunfo no campionato de España sub-17 de mans do alcalde de Monforte, José Tomé, o pasado 19 de febreiro. GPCM.

• O pasado 19 de febreiro, o Concello de Monforte volveu a homenaxear ás xoves promesas do deporte da cidade. Nesta ocasión, a protagonista foi a xogadora de fútbol sala Clara Fernández, que se proclamou campiona de España sub-17 coa selección galega.

Clara Fernández xoga nas filas do FS Cidade das Burgas, en Ourense, e resultou seleccionada, xunto coa súa compañeira de equipo Amelia Cobelas, para integrar o combinado que representou a Galicia no Campionato de España de Fútbol Sala sub-17, disputado na localidade madrileña de Parla do 3 ao 7 de febreiro. As galegas, capitaneadas polos técnicos Manolo Codeso e Rubén Méndez, procedentes tamén do FS Cidade das Burgas, estreáronse en competición cunha reñida victoria diante da selección de Navarra. O pase a semifinales acadouse cunha boa marxe de 7-1 diante do combinado de Cantabria. A victoria fronte á selección de Andalucía por 2-6 deixaba ás galegas a porta franqueada para a final diante da potente Cataluña, á que derrotaron por 3-1.

O combinado de Clara Fernández e as súas compañeiras fixo historia, ao acadar o primeiro triunfo en competición nacional na traxectoria da selección sub-17 galega.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta mellorará a seguridade vial en estradas de Monforte e Chantada

Seguinte Nova

Aberto o prazo de inscrición na XII Carreira Popular de Quiroga Feira do Viño

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: