Lugo acolleu unha xornada informativa sobre a nova Lei do solo para técnicos

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a xornada informativa celebrada o 18 de febreiro. GPXG.
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a xornada informativa celebrada o 18 de febreiro. GPXG.

• A capital provincial foi a sede dunha das primeiras xornadas informativas que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) están a organizar por toda Galicia, para informar sobre as novidades que introducirá a nova Lei do solo. A xornada lucense celebrouse o día 18, e congregou a técnicos de Urbanismo dos municipios da nosa provincia e da Deputación. O obxectivo desta xuntanza foi informar sobre as principais liñas de dita lei, responder ás dúbidas dos técnicos e ofrecer asesoramento para que poidan avanzar nas redaccións dos plans xerais.

A NOVA LEI INCORPORA UN 75% DAS ACHEGAS DOS CONCELLOS A TRAVÉS DA FEGAMP

A xornada contou coa presenza da secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, que lembrou que na elaboración do texto legal se contou coa participación de todas as administracións. Rivas afirmou que o texto normativo incorpora un 75% das achegas presentadas pola Fegamp. Na xuntanza abordáronse as novidades da nova Lei respecto á norma anterior, así como as ferramentas que esta Lei recolle para facer da tramitación dun plan xeral «un camiño prático, sinxelo e coa menor tramitación administrativa».

INFORME VINCULANTE DOS CONCELLOS

Según precisaron os responsables técnicos da Xunta durante a xornada informativa, a nova Lei do solo vai incorporar unha das suxerencias aportadas polos concellos. Deste xeito, a norma incluirá como requisito para a implantación dos plans de ordenación básicos a necesidade dun informe vinculante das entidades locais. De feito, a nova Lei do Solo incorporou a necesidade de que os concellos implicados na elaboración dos plans emitan un informe determinante no trámite de información pública. Esta medida afecta tanto á elaboración do plan básico autonómico como á dos plans básicos municipais que a Xunta elaborará para os municipios cunha poboación inferior a 5.000 habitantes que carezan de planeamento municipal.

MÁIS MARXE PARA AMPLIAR EDIFICACIÓNS TRADICIONAIS EN NÚCLEOS RURAIS

Tamén hai novidades no referente á edificabilidade. A nova Lei do solo permite a ampliación das edificacións tradicionais, entendendo por tales as de máis de 40 anos, existentes en núcleo rural ata nun 50%, aumentando así unha posibilidade restrinxida na LOUGA ao solo rústico. En concreto, según explicaron os técnicos da Xunta, a lei permitirá a rehabilitación, reconstrución e por razóns xustificadas a ampliación ata o 50%, sempre que non se desvirtúe a tipoloxía e se adapte á contorna preexistente, e se destine a usos residenciais, terciarios, produtivos, actividades turísticas, artesanais, pequenos talleres e equipamentos.

PRIMER REGULAMENTO INTEGRAL PARA GALICIA

Rivas lembrou que a nova Lei do solo, que se prevé que entre en vigor este ano, é a primeira da historia de Galicia co seu propio regulamento integral, xa que inclúe a xestión, planeamento e disciplina, o que facilitará o traballo de redacción dos técnicos.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Irmandade Sarria-Guerledan prepara a viaxe a Bretaña

Seguinte Nova

O Eixo Atlántico impulsará Monforte como vía de saída para mercadorías dende a costa

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss