Monforte sumouse ás reivindicacións en defensa do tren lucense

A estación de Renfe acolleu a chegada da marcha reivindicativa organizada pola plataforma cidadá «Lugo, non perdas o tren»

Imaxe da marcha reivindicativa que chegou por tren á estación de Monforte o pasado 18 de febreiro. GPCM
Imaxe da marcha reivindicativa que chegou por tren á estación de Monforte o pasado 18 de febreiro. GPCM
O alcalde de Monforte, a alcaldesa de Lugo, o presidente e o vicepresidente da Deputación de Lugo sumáronse, entre outras autoridades, á marcha da plataforma cidadá "Lugo, non perdas o tren". GPCM
O alcalde de Monforte, a alcaldesa de Lugo, o presidente e o vicepresidente da Deputación de Lugo sumáronse, entre outras autoridades, á marcha da plataforma cidadá «Lugo, non perdas o tren». GPCM

• O pasado 18 de febreiro, a estación de ferrocarril de Monforte acolleu a chegada da marcha reivindicativa organizada pola plataforma cidadá «Lugo, non perdas o tren». A marcha contou coa participación de colectivos que representan a máis de 50.000 veciños, entre os que se atopan a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Federación de Comercio, Asociación Provincial de Hostelería, Confederación de Empresarios, Colexio de Graduados Sociais, Asociación da Prensa, Colexio de Avogados de Lugo, Cruz Roja, Asociación de Talleres, e os sindicatos UGT, CC.OO ou CIG-Saúde. A marcha contou coa presenza dos alcaldes de Monforte, Sarria, Lugo, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, e Láncara, entre outros, así como co presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e o vicepresidente, Antonio Veiga.

A comitiva esixiu, entre outras medidas, máis conexións ferroviarias da provincia con Madrid e Barcelona, a mellora do servizo de cercanías, a supresión dos pasos a nivel en Monforte, e o impulso do transporte de mercadorías coas plataformas loxísticas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

UGT-Lemos recolleu «unha firma por minuto» a favor de axudas para familias sen recursos

Seguinte Nova

O PP de Monforte esixe aclarar a situación do mercadillo dominical

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: