•Un total de 11 deportistas participarán na proba autonómica, que se celebrará na localidade coruñesa de Teo o 5 de marzo
•O club Neka de taekwondo competirá cun plantel de 11 deportistas no Campionato Galego de Técnica que se celebrará na localidade coruñesa de Teo o sábado 5 de marzo. Os participantes, a partir da categoría cadete, están a preparar intensamente esta competición. «Os adestramentos son diarios, cun único día de descanso á semana», explica José Mª Vega, responsable do Neka.
OS DE NEKA COMPETIRÁN NAS MODALIDADES INDIVIDUAL, PARELLA E TRÍO
Os monfortinos participarán tanto en modalidade individual como en parella. En ambas combinacións estarán Carlos Fernández e Yasmin Rodríguez, na categoría cadete, e en senior 1 farano Rodrigo Huanay e Meritxell Varela. Ambos competirán tamén individualmente, xunto a Luis García.
En junior, a parella estará formada por Álex Camba e Elena Varela, e a título individual estarán na proba de Teo Samuel López, Elena Varela, José Roca, Carlos Rey e Álex Camba. O trío Roca, Rey e Camba medirase tamén neste difícil campionato.
UN DESAFÍO «DE GRAN NIVEL» PARA AS CATEGORÍAS SUPERIORES DO NEKA
A comitiva do Neka completarase con Enrique Álvarez, que se estrea en competición autonómica en master 2, nun desafío que afronta con moita ilusión e traballo. «Esta é unha proba de gran nivel, polo que ir preparados é fundamental», suliña Vega. Os obxectivos dos monfortinos céntranse en «rendir ao máximo, xa que hai equipos moi bos».
Mentres continúa o traballo deportivo, en Neka están a realizar xestións na busca de patrocinadores, co obxectivo de contribuir a custear as viaxes de competición fóra de Galicia.•