•ACES-Sarria entregou a finais de febreiro os premios correspondentes á campaña «Adicatorias con Amor», posta en marcha co gallo da celebración do San Valentín.
DE PREMIO, TRES CEAS ROMÁNTICAS EN RESTAURANTES DA VILA
Por unha banda, Noelia López Vila foi a agraciada co premio á mellor dedicatoria gravada na páxina de Facebook de ACES-Sarria. O premio consistiu nunha cea para dúas persoas no restaurante Hotel Alfonso IX.
Por outra parte, Carmen Tallos e Elena López resultaron agraciadas no sorteo de tickets de compra nos establecementos asociados. Nesta ocasión, foron Federópticos Adrián Salgado e Calzados Gayoso os establecementos que repartiron a sorte. As clientas premiadas poderán disfrutar coa súa respectiva parella dunha cea no Restaurante O Descanso e no Restaurante Roma.•