•Entre outras medidas, a Asamblea Xeral aprobou recuperar o Camiño Portugués, e impulsar a conexión ferroviaria entre Lugo e Ourense
• A Asamblea Xeral do Eixo Atlántico aprobou o pasado 17 de febreiro un orzamento de 3 millóns de euros para este ano. Este financiamento procede nun 15% das aportacións dos 38 municipios e entidades que integran esta organización transfronteiriza, e o resto xérase con recursos externos. O Eixo continuará coas iniciativas que ten en marcha en varias áreas, como a Bienal de Pintura, a Mostra de Música ou os Xogos do Eixo Atlántico, así como varias actuacións en materia de turismo e urbanismo sostible.
Ademáis, a Asamblea Xeral aprobou tres eixos centrais de actuación política para 2016. Por unha banda, acordou recuperar e promocionar o Camiño Portugués a Santiago, tendo como obxectivo a súa declaración oficial para o vindeiro Ano Xacobeo en 2021. Outro dos obxectivos é a culminación do mapa ferroviario da costa, coa modernización da liña Porto-Vigo. Por último, aprobouse impulsar as infraestruturas da franxa interior, en aspectos como a conexión ferroviaria entre Lugo e Ourense, e o impulso á saída de mercadorías dos portos galegos a través de Monforte.