Piden a fusión dos concellos de Chantada, Carballedo e Taboada

• Iniciativa Por Chantada-CUP vén de facer pública unha proposta para impulsar a fusión dos concellos de Chantada, Carballedo e Taboada. Según explican os responsables desta formación política, a proposta basearíase en seis puntos. A fusión proporíase nun referendum, baixo a figura dunha única entidade administrativa, con servizos descentralizados, con máis de 10 millóns de orzamento para unha poboación superior a 14.000 habitantes. Crearíase o Consello das parroquias, para reforzar o seu papel como figura con «auténtica personalidade histórico-xurídica», ademais dun Regulamento de participación veciñal. A nova entidade contaría cun orzamento participativo anual, e cun plan de choque social con máis de 2 millóns de euros anuais. As liñas de actuación desta entidade centraríanse en aspectos como a xestión eficaz da dispersión, creación de emprego, dinamización económica e turística, defensa do tecido produtivo e loita contra a exclusión social.

A proposta tamén impulsaría a mancomunidade de concellos da Ribeira Sacra, a supresión da Deputación, e o reforzo da autonomía local. Por último, solicitaríase á Xunta e ao Goberno central un plan especial contra a crise demográfica.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As novas tecnoloxías, clave para o comercio de proximidade

Seguinte Nova

O comercio de Sarria agasallou aos gañadores da campaña de San Valentín

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss