Quiroga organiza un curso de monitor de tempo libre

• A partir do 12 de marzo, desenvolverase en Quiroga un curso de monitor de tempo libre.

O curso, homologado pola Xunta de Galicia, ten carácter intensivo, xa que se impartirá durante as fins de semana ao longo dos meses de marzo, abril e maio. A actividade terá un horario de 9,00 a 14,00 horas, e de 16,00 a 21,00 horas. Este curso ten unha duración de 200 horas, e haberá dous tipos de tarifas, según a procedencia dos participantes. Para os empadroados no municipio de Quiroga, o prezo é de 110 euros, xa que o Concello aporta o 50% do importe deste tipo de matrículas. As persoas doutros municipios que queiran participar no curso deberán aboar o importe completo, que é de 215 euros.

As inscricións deberán formalizarse na Casa da Cultura de Quiroga, onde ofrecerán toda a información sobre este curso.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Actividades para todos na Casa da Xuventude de Chantada

Seguinte Nova

Ver arte no Círculo Saviñao ata maio

Últimas noticias sobre CULTURA

Maika Makovski

Unha das actuacións estelares do 17º Ribeira Sacra Festival Onte arrincou unha nova edición do 17º

A %d blogueros les gusta esto: