• A partir do 12 de marzo, desenvolverase en Quiroga un curso de monitor de tempo libre.
O curso, homologado pola Xunta de Galicia, ten carácter intensivo, xa que se impartirá durante as fins de semana ao longo dos meses de marzo, abril e maio. A actividade terá un horario de 9,00 a 14,00 horas, e de 16,00 a 21,00 horas. Este curso ten unha duración de 200 horas, e haberá dous tipos de tarifas, según a procedencia dos participantes. Para os empadroados no municipio de Quiroga, o prezo é de 110 euros, xa que o Concello aporta o 50% do importe deste tipo de matrículas. As persoas doutros municipios que queiran participar no curso deberán aboar o importe completo, que é de 215 euros.
As inscricións deberán formalizarse na Casa da Cultura de Quiroga, onde ofrecerán toda a información sobre este curso.•