Sarria e Samos, puntos de encontro en marzo da Fraternidade Internacional del Camino de Santiago

• A segunda fin de semana de marzo será a data do Encontro Internacional que organiza a FICS (Fraternidade Internacional del Camino de Santiago). O sábado día 12 os actos celebraranse en Sarria, e o domingo 13 a actividade desprazarase a Samos. A primeira xornada iniciarase pola mañá cun roteiro guiado polos monumentos máis representativos de Sarria, partindo ás 10,30 do Mosteiro da Magdalena. Pola tarde, a Casa da Cultura acollerá o debate de diversos temas, como a petición de ampliar a Compostela a 300 quilómetros, excluír o Camiño da xestión de Turismo por parte das Administracións, ou unificar os regulamentos dos albergues, entre outras propostas.

Xa o domingo, a xornada comezará cunha visita á exposición «Silencio: el Monacato en los orígenes del Camino». A actividade centrarase na inauguración da exposición permanente de «compostelas» históricas cedida polo investigador Fernando Lalanda. A continuación, o prior do mosteiro, don José Luis Vélez, dará a benvida aos participantes no Encontro, que iniciarán a segunda sesión de traballo, esta vez en torno á credencial do peregrino.

As persoas interesadas en participar poden anotarse en info@ficscaminodesantiago.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Monforte esixe aclarar a situación do mercadillo dominical

Seguinte Nova

Sarria organiza un curso de monitor de tempo libre dende marzo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss